O Concello de Marín destina 16.000 euros a asociacións benéficas

Marín
29 de outubro 2022

Segundo explicou a alcaldesa, María Ramallo, "as propias ONGs nos trasladan que teñen unha forte demanda dos seus servizos, nun momento como o que vivimos, aínda arrastrando as consecuencias económicas da pandemia para moitas familias que agora suman a presión da suba constante de prezos"  

Firma das subvencións para as asociacións benéficas de Marín
Firma das subvencións para as asociacións benéficas de Marín /

O Concello de Marín aportará 16.000 euros en subvencións para apoiar a labor das organizacións sen ánimo de lucro da vila.

Para iso, a alcaldesa, María Ramallo, recibiu durante estes días aos representantes dalgunhas destas entidades para firmar con eles o acordo de colaboración económica entre a asociación e o Concello, que no caso dalgunhas se ve incrementado na súa dotación, debido ao momento de necesidade que se está atravesando.

Segundo explicou Ramallo, "as propias ONGs nos trasladan que teñen unha forte demanda dos seus servizos, nun momento como o que vivimos, aínda arrastrando as consecuencias económicas da pandemia para moitas familias que agora suman a presión da suba constante de prezos".

Así, con estas axudas, "tratamos de botar unha man a estas asociacións, cuxo traballo de asistencia social é fundamental", asegurou.

Tras a reunión, a relación de axudas por entidades é de 3.000 euros a Asociación Solidaria Sor Elvira, 4.000 para a AECC (Asociación Española Contra o Cancro) de Marín, 3.000 para Amenac, 5.000 para o Comedor benéfico San Vicente de Paúl, e 1.000 para Cáritas Santiago.