O Concello de Marín dá por rematadas as obras do Camiño da Cascalleira

Marín
06 de maio 2022

Os concelleiros Pablo Novas e Manuel Domingos visitaron a localidade de Santomé de Piñeiro na que se repuxo o firme e construíuse un muro de contención

Visita dos concelleiros Pablo Novas e Manuel Domingos ao Camiño da Cascalleira
Visita dos concelleiros Pablo Novas e Manuel Domingos ao Camiño da Cascalleira / Concello de Marín

O Concello de Marín vén de rematar as obras de contención e reposición do firme no Camiño da Cascalleira, en Allariz, na parroquia de Santomé de Piñeiro, ata onde se achegaron os concelleiros Pablo Novas e Manuel Domingos, para comprobar o bo remate das obras.

O firme e a explanada atopábanse nun estado de conservación deteriorado, por iso levouse a cabo a construción dunha estrutura de contención e a formación dun novo firme máis ríxido. Tamén se limparon as cunetas.

A obra foi realizada pola empresa Construcciones Caldevergazo por un importe de 37.268,00 euros, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.