O Concello de Marín acolle unha xuntanza de coordinación coas entidades sociais

Marín
14 de setembro 2015

Este luns reuníronse no Concello as asociacións sen ánimo de lucro do municipio de Marín para coordinar o traballo que veñen facendo

Reunión no concello de Marín das asociación sociais
Reunión no concello de Marín das asociación sociais / Concello de Marín

Este luns reuníronse no Concello as asociacións sen ánimo de lucro do municipio de Marín para coordinar o traballo que veñen facendo.

Nestas reunión participou a responsable do departamento de servicios sociais, a delegada da área e unha representación dos distintos colectivos sociais que desenrolan a súa labor no concello, o Comedor das Fillas da Caridade, Cáritas, Amenac, SOS axuda ó necesitado e a Asociación Sor Elvira.

Trataron os distintos problemas organizativos que teñen dependendo dos colectivos que atenden, é dicir, os que derivan dos inmigrantes, do apoio social as familias, das persoas que acuden en busca de productos de primeira necesidade, os parados de longa duración, os que teñen menores a cargo, entre outros asuntos.

Ademáis falaron do inicio do curso escolar, da inmigración, e da previsión de chegada de refuxiados sirios.

Estas reunións realízanse cada trimestre para poder coordinar os esforzos e que así as axudas sexan máis efectivas.

Arquivado en