O Concello de Cotobade concluíu as melloras de seguridade vial previstas na antiga estrada Nacional 541, na parroquia de Tenorio.
Esta actuación que se incluíu no Plan de Obras e Servizos da Deputación para este ano en curso, dotado con case 74.000 mil euros e executado pola empresa Oresa.
O proxecto executouse ao longo de 2.500 metros que se dotaron de pasos elevados para peóns, coa súa correspondente sinalización horizontal e vertical, ou repitando da xa existente; biondas, equipamento de cubrición de colectores.