O Concello de Bueu vai sumarse á campaña que se celebra o 1 de outubro con motivo do Día da Artrite. Os actos inclúen a iluminación da casa consistorial con cor verde durante a noite deste sábado ao domingo.
O día 9 continuarán as actividades coa instalación dunha mesa informativa na Sala Domínguez Búa. Por segundo ano consecutivo, esta campaña parte da Asociación de Enfermos de Artrites en Pontevedra (Asearpo), en colaboración coa concelleira de sanidade, María Teresa López.
Os actos deste sábado comezarán coa iluminación da casa consistorial ao redor das 21.30 horas.