O alcalde do Concello da Lama, David Carrera, e o tenente de alcalde José Fortes abriron oficialmente a Aula Mentor de formación profesional online que estará a disposición da veciñanza con máis de 240 cursos online.
A Aula Mentor está ubicada nas dependencias da Biblioteca Municipal e a Oficina de Información Xuvenil en horario de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.
O alumnado que se matricule en calquera dos cursos terá a disposición o apoio necesario para realizar o proceso formativo desde as súas casas ou nos ordenadores dos que dispón o Concello na Axencia Municipal de Lectura da Lama.
David Carrera manifestou que "é unha nova aposta que facemos desde o Concello para facilitar ferramentas formativas aos nosos veciños e veciñas para que melloren a súa capacitación co fin de insertarse mellor no mercado laboral".
Ademáis, engadiu o rexedor, "tamén poden valer para que poidan ampliar coñecementos xa que os cursos están orientados tanto para persoas desempregadas como traballadores en activo".
Aula Mentor é un programa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a formación aberta, flexible e a distancia a través de Internet, dirixido a persoas adultas cuxa oferta formativa materialízase nun conxunto de cursos organizados en áreas formativas e deseñados con obxecto de mellorar as competencias persoais e profesionais dos potenciais destinatarios desta modalidade de ensino.