O Concello aumenta a súa recadación grazas aos controis "antifraude"

Pontevedra
08 de decembro 2013

O Concello de Pontevedra aumentará a súa recadación grazas aos controis "antifraude" que se están a realizar en tres taxas municipais: a do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), a do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e o que deben pagar as compañías de servizos que ocupan a vía pública

Vista aérea de Pontevedra
Vista aérea de Pontevedra

O Concello de Pontevedra aumentará a súa recadación grazas aos controis "antifraude" que se están a realizar en tres taxas municipais: a do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), a do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e o que deben pagar as compañías de servizos que ocupan a vía pública.

IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÿMICAS

  • Anualmente, o Concello ingresa preto de 1,7 millóns de euros por medio do IAE. A actualización do padrón de taxas supoñerá un incremento anual duns 90.000 euros.
  • Entre actualización, multas e cobramentos de demora, as arcas locais ingresarán 400.000 euros nunha nova revisión do IAE


COMPAÿIAS DE SERVIZOS

  • Os servizos de inspección identificaron 38 firmas monopolísticas (por exemplo empresas de gas, telecomunicacións e electricidade) que operan no municipio das que 17 non estaban dadas de alta. Esta actualización da nómina de contribuíntes pode supoñer uns 850.000 euros (incluíndo o pagamento de sancións e de intereses de demora).
  • Ata agora o Concello recadaba unha media de 1,1 millóns de euros polas taxas monopolistas e co novo listado actualizado elevarase a media en aproximadamente 200.000 euros anuais


IMPOSTO DE BENS INMOBLES

En canto ao IBI, o convenio asinado entre o Concello e a Dirección Xeral do Catastro permitiu aflorar, ata o momento, 1.353 unidades que non tributaban ou o facían de xeito insuficiente.

Isto supoñerá un incremento do padrón de 350.000 euros ao que haberá se sumar o cobramento de atrasos que pode alcanzar os 600.000 euros.

Esa foi ata o de agora a normalización destas propiedades (vivendas, garaxes, naves...), pero no 2014 o labor fiscalizador do IBI centrarase na zona urbana e as parroquias de Verducido, Xeve e Campañó.

O IBI achega o 40% do total dos ingresos do Concello, a día de hoxe, ao redor de 16,5 millóns de euros.