O Concello agarda que o novo edificio xudicial de A Parda non siga o mesmo camiño que o Carlos Oroza

Pontevedra
18 de febreiro 2013

O Concello de Pontevedra teme que non haxa financiamento para esta ansiada infraestructura, porque insisten en que desde o 21 de outubro, a Xunta pode facer uso duns terreos polos que o goberno municipal "pagou xa un millón e medio de euros". Unha parcela que "xa está a disposición da Xunta, outra cousa é que teñan ou non financiamento"

Coa mosca detrás da orella. ÿ a expresión que mellor encaixa coa sensación que existe no seo do goberno municipal de Pontevedra con respecto ao novo edificio xudicial da Parda. "Están actuando igual que co Carlos Oroza", alerta Raimundo González, portavoz do bipartito. "Nós fixemos todos os trámites, cedemos a parcela á Xunta e despois viñeron con que non había cartos para facelo".

O Concello de Pontevedra teme que non haxa financiamento para esta ansiada infraestructura, porque insisten en que desde o 21 de outubro, a Xunta pode facer uso duns terreos polos que o goberno municipal "pagou xa un millón e medio de euros". Unha parcela que "xa está a disposición da Xunta, outra cousa é que teñan ou non financiamento".

Raimundo González lamentou que, despois de que o goberno municipal fixese uso dunha "competencia impropia" ao non estar obrigados a aportar e abonar os terreos para este edificio, "collemos os terreos, pagámolos e a Xunta o único que fai é marear a perdiz".

En todo caso, a Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra acordou iniciar os trámites para ceder os terreos á administración autonómica. "Xa están listos os rexistros das propiedades e a Xunta non ten nin finalizado o proxecto", dixo o portavoz municipal. "Cumprimos máis aló dás nosas competencias e o único que nos queda é urxir á Xunta de Galicia para que inicie a obra canto antes".