A estación arqueolóxica do Campo de Cuñas, que acolle a Pedra do Cervo, un dos petróglifos máis singulares de Galicia, quedou acondicionada estes días polo Concello de Ponte Caldelas cunha limpeza intensiva que deixou todo o espazo en perfecto estado de revista.
A limpeza súmase á efectuada este verán na área arqueolóxica de Tourón, que foi obxecto dunha limpeza e rozado integral das súas 15 hectáreas despois de varios anos de completo abandono, o que tiña permitido o crecemento dos toxos con alturas de ata dous metros.
A contorna da Pedra do Cervo vai ser obxecto de máis melloras pois os postes perimetrais carecen da corda que completaba o peche tras ser roubada en varias ocasións.
O Concello está a buscar outro material que permita a súa preservación. O peche ten unha dobre función ornamental ou de impedir o paso dos animais.