A 'Asociación Animalista Libera' e a plataforma 'Galicia, Mellor Sen Touradas' regresa cunha nova proposta para reconverter o espazo da praza de touros de Pontevedra. Despois das ideas de transformala nun espazo cultural e de emprendimiento ou nun hotel, os colectivos propoñen un espazo lúdico-deportivo, un "Coliseo multiformato" semellante ao da Coruña.
Actualmente a praza de touros só se emprega durante catro días de corridas ademais de para algunhas actividades que organice o propio Concello polas que paga uns 47.500 euros anuais de aluguer. Unha cifra que segundo as dúas agrupacións é desproporcionada tendo en conta a escasa ocupación da praza.
Tendo en conta estes datos os colectivos propón a transformación do espazo nun lugar de utilidade e actividade, no que pretenden combinar espazos para a práctica de deportes "alternativos" como patinaxe, "skateboarding" ou escalada, coa previa instalación dun rocódromo, para fomentar a práctica de vida saudable e deportes. Un anfiteatro con capacidade para 4.000 espectadores está tamén dentro desta nova proposta. Este espazo permitiría programar concertos e cine ao aire libre, unha programación inusual en Galicia, segundo os colectivos.
A praza reconvertida tamén serviría par albergar locais de ensaio de grupos musicais novos ou emerxentes a un baixo costo e que a cesión a faría o propio Concello, fomentando a creación de cultura entre os mozos, segundo a 'Asociación Animalista Libera' e 'Galicia, Mellor Sen Touradas'.
Máis de 51.000 firmas reclaman a suspensión do convenio que custou ao Concello case 700.000 euros dende 1999, e que serve para manter un equipamento privado onde ademais se programan con diñeiro público espectáculos que, segundo o colectivo, son de "auténtica brutalidade" de cara aos animais.