O colexio Parada de Campañó estrea mural

Pontevedra
20 de xaneiro 2021

A obra, impulsada pola Concellería de Educación e polo equipo creativo de Polo Correo do Vento, representa o Monte Castrove, o patrimonio arqueolóxico da parroquia e a vida salvaxe

Mural no colexio Parada de Campañó
Mural no colexio Parada de Campañó / Concello de Pontevedra

O programa 'O teu cole na historia, coñecendo a nosa contorna', impulsado pola Concellería de Educación en colaboración co equipo creativo de Polo Correo do Vento, estrea un novo mural nun dos muros da entrada ao CEIP de Parada, en Campañó

A obra representa o colexio aos pés do Monte Castrove, a forte pegada castrexa da parroquia e elementos significativos desta zona, como o petróglifo de As Forcadas, a torre medieval do Monte Tomba e as bestas salvaxes, explicou o titular de Educación, Tino Fernández.

Nestes momentos, xa contan cos seus respectivos murais, ademais do colexio de Parada, os CEIP A Xunqueira I, A Xunqueira II e Álvarez Limeses e o CEP Campolongo. Os próximos en estrear o seu grafiti serán o CEIP San Benito de Lérez, San Martiño (Salcedo), Santo André de Xeve, Manuel Vidal Portela, Froébel e Ponte Sampaio; o CEP Marcos da Portela e as EEI Verducido e Fina Casalderrey.