Chegar aos máis novos con propostas que atraian a súa atención e que, en definitiva, falen o mesmo idioma para difundir a igualdade entre sexos, previr a violencia de xénero desde idades temperás e traballar a educación afectivo sexual é o obxectivo dos dous proxectos que levará o Centro de Información á Muller de Sanxenxo (CIM) aos centros educativos do municipio.
O concurso “Tik Tok contra a violencia de xénero”, dirixido ao alumnado de 3ª e 4º de ESO ten como obxectivo traballar a sensibilización coa igualdade cos adolescentes de forma dinámica e visual. O traballo organizarase en dúas sesións nos que se abordará o ciberbullying, ciberacoso, grooming… A actividade concluirá coa creación de vídeos de Tik Tok nos que se promocione a igualdade de xénero, a prevención da violencia, así como, formas de romper desigualdades persistentes na sociedade, estereotipos… Os mellores vídeos terán premio que se entregarán nos actos conmemorativos do 25- N.
O outro proxecto de educación afectivo sexual e prevención da violencia de xénero, dirixido ao alumnado a 5º de Primaria e 1º da ESO, desenvolverase ao redor de catro talleres a través de dinámicas de xogos entrelazados con teoría. O obxectivo que se busca con este proxecto no que se abordarán diversas temáticas como a identidade sexual, a igualdade entre sexos, prevención dá violencia de xénero, mitos románticos e autoestima, entre outras.
Este proxecto de educación afectivo sexual está financiado pola Deputación de Pontevedra no marco das subvencións a concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes pata o fomento da igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero.