O CIM da Lama conmemora o 25N con tres obradoiros específicos para mulleres

A Lama
23 de outubro 2019

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Lama sumarase á conmemoración do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, coa programación de tres actividades enfocadas ao fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Todas están dirixidas exclusivamente ás mulleres do municipio da Lama  

Obradoiro de defensa persoal
Obradoiro de defensa persoal / Gobierno Cholula

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Lama sumarase á conmemoración do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, coa programación de tres actividades enfocadas ao fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Todas están dirixidas exclusivamente ás mulleres do municipio da Lama.

O programa, realizado en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, empezará o martes 5 de novembro co obradoiro 'Habilidades sociais e intelixencia emocional', que terá unha duración total de 20 horas. 

Esa mesma semana, o sábado día 9, empezará un curso de defensa persoal de 12 horas nas que adquirirán nocións básicas de actuación ante unha agresión ou ataque.

A programación continuará o 19 de decembro co taller 'Técnicas de procura de emprego e emprendemento feminino', que terá unha duración de 20 horas desde o seu inicio. 

O alcalde da Lama, Jorge Canda, destacou que este municipio "apoia dende sempre" estas iniciativas que promoven a inserción social e laboral das mulleres e indicou que estas actividades ofrecen ás mulleres do municipio a oportunidade de aumentar a súa influencia persoal e profesional e facilitan as ferramentas necesarias para promover a empregabilidade e o emprendemento feminino.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse de forma presencial ata o día anterior do inicio de cada actividade. Deberán acudir ás oficinas do Concello da Lama de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas. Para recibir máis información sobre estas actividades tamén teñen á súa disposición o teléfono 986 76 82 38 ( ext. CIM).