A comisaría provincial de Pontevedra recibiu, por parte do CIFP Xunqueira I de Pontevedra, unha doazón de 4.450 luvas de vitrilo, nitrilo e látex, 150 mascarillas quirúrxicas, 46 monos de traballo e 5 pares de gafas protectoras.
Os responsables desta doazón foron os departamentos do ciclo de formación profesional de madera e automoción e servizos á comunidade. Así, a Policía fai frente o desabastecemento de material que hai actualmente.
Son moitas as institucións e empresas que nestes días doaron material ao Concello. Unha delas foi Recambios Mourente, que ao igual que o CEIFP da Xunqueira fixo unha doazón de 5.000 luvas, que foron repartidas entre os corpos de Policía Local e Nacional e Protección Civil.
No Concello de Sanxenxo, un grupo de costureiras voluntarias confeccionaron 2.000 mascarillas que serán entregadas no día de hoxe os veciños que as necesiten.
Pero non todo é a necesidade de material. En Caldas de Reis, a concellería de Benestar Social habilitou un teléfono de atención psicolóxica destinado ás persoas que necesiten apoio ante a situación de emerxencia xerada polo coronavirus. Desta forma os veciños da localidade que precisen axuda poden chamar aos teléfonos 986 530 814, 986 540 002 ou 637 21 48 57, que estarán atendidos pola psicóloga municipal. Funcionarán as 24 horas do día.