O Complexo Hospitalario de Pontevedra porá en marcha a próxima semana unha consulta especializada de enfermería dependente do servizo de Dixestivo e situada no hospital Montecelo.
ÿ un dos primeiros hospitais públicos de Galicia nesta iniciativa que mellora a atención aos pacientes, cun seguimento permanente que permite acelerar o alta hospitalaria, evitar ingresos e asegurar a calidade dos coidados, facilitando a accesibilidade ao sistema sanitario cunha asistencia á demanda e cun sistema tamén de atención telefónica e telemática.
A consulta encargarase do seguemento e control de pacientes con alteracións da función hepática, coma hepatitis ou cirrosis hepática, ou con enfermidades inflamatorias intestinais, coma colitis ulcerosas ou o Crohn.
O pasado ano, a atención deste tipo de pacientes concetrou un total de 4.318 consultas do servizo de Dixestivo.
Ao longo do mes de decembro empezarán a funcionar estas consultas especializadas de enfermaría noutros servizos, como Uroloxía e Cirurxía.