O Chioleiro, trasladado a unha prisión de Lugo mentres o investigan polo crime da maleta de Vigo

Pontevedra
01 de xuño 2024

O día 1 de marzo ingresou na Lama, un penal que xa coñece porque alí cumpriu a pena por matar a Alicia Rey, e que está situado na súa localidade de orixe e na que cometeu os dous crimes polos que foi condenado. O 23 de marzo cambiou de destino. Por cuestións organizativas, foi trasladado a Bonxe

Prisión da Lama
Prisión da Lama / Mónica Patxot

José Manuel Durán González, coñecido como 'O Chioleiro', atópase no centro penal de Bonxe, en Lugo, e a previsión é que continúe aí mentres dura a investigación sobre el como sospeitoso do bautizado como crime da maleta de Vigo.

O Chioleiro é un vello coñecido da crónica negra pontevedresa como autor condenado polo crime da súa avoa e da que era a súa noiva, Alicia Rey, na Lama, e o 29 de febreiro foi detido por este crime cando trataba de escapar na estación de autobuses de Pontevedra. Desde o 1 de marzo está en prisión comunicada e sen fianza por homicidio ou asasinato, pero tivo cambio de destino

O día 1 de marzo ingresou na Lama, un penal que xa coñece porque alí cumpriu a pena por matar a Alicia Rey, e que está situado na súa localidade de orixe e na que cometeu os dous crimes polos que foi condenado. 

Con todo, o 23 de marzo cambiou de destino. Por cuestións organizativas, foi trasladado a Bonxe, segundo fontes consultadas por PontevedraViva.

Tras varios meses de investigación, o Xulgado de Instrución número 4 de Vigo que se encargaba da causa porque estaba de garda acordou esta semana inhibirse para que o xulgado especializado en violencia sobre a muller de Vigo asuma a investigación.

Segundo o maxistrado, as declaracións prestadas sobre o vínculo existente entre a falecida e o detido como presunto autor dos feitos "podería considerarse que se está en presenza dunha relación que ten o seu encaixe no ámbito da violencia sobre a muller, xa que existen indicios de que a relación tiña o compoñente esixido da afectividade".

Recoñece o xuíz instrutor engade que existen "dúbidas sobre se existía relación ou non de parella", pois "basta ver" como o fiscal e a defensa do investigado dan "interpretacións diverxentes" sobre os mesmos indicios, pero sinala que "na medida que a vítima xa non pode dar a súa versión dos feitos, ao falecer presumiblemente pola intervención directa do investigado", é "preferible" que esas dúbidas sexan resoltas polo órgano especializado.

O Chioleiro, de 66 anos, cumpriu pena nun centro psiquiátrico polo crime da súa avoa e logo en prisión polo crime de Alicia Rey, pero en febreiro de 2023 saíu en liberdade tras cumprir a súa condena. Desde entón, viviu en varias localidades das provincias de Pontevedra e A Coruña e hai meses asentouse en Vigo, onde supostamente cometeu este terceiro crime. 

En febreiro de 2023, tras saír en liberdade, foi detido por incumprir unha orde de afastamento do Concello da Lama e, desde entón, vivira sen chamar a atención das Forzas e Corpos de Seguridade ata que apareceu como sospeitoso do crime da maleta tras o achado do cadáver da súa suposta vítima, Carmen Bento, o 22 de febreiro no interior dunha maleta nunha leira situada entre Balaídos e Fragoso.