O Certame de Comparsas marca o inicio do entroido de Vilagarcía

O Salnés
05 de febreiro 2016

Comparsas de Vilagarcía e O Salnés  participarán neste certame que dará comezo a partir das cinco da tarde no Auditorio Municipal. A entrada será gratis, aínda que se entregarán tickets para controlar o aforamento

O Certame de Comparsas dá o pistoletazo de saída este domingo ao entroido de Vilagarcía, a partir das cinco da tarde no Auditorio Municipal. Nel, intervirán un total de dez agrupacións, catro delas pertencentes a varias parroquias do municipio e seis a localidades do Salnés.

As comparsas de Vilaxoán "Os Trancheiros", "O Xoubal" e "Marajota e Media" asistirán representando a Vilagarcía, xunto coa formación do ANPA do Colexio Rosalía de Castro de Carril. Das localidades do Salnés, participarán tres chirigota do Grove: "Os da Bayuca", "Leña Verde" e "Os de Casualidá"; e as comparsas "Os Golfiños" de Vilanova, "Armonía" da Illa de Arousa e "Os de Noalla" de Sanxenxo.

Para os interesados en acudir ao certame, a entrada será de balde pero, por motivos de seguridade para controlar o aforamento, entregaranse tickets.

O Certame de Comparsas de Vilagarcía non ten carácter competitivo. Cada unha das dez formacións inscritas recibirá 300 euros como compensación.

Arquivado en