O centro urbano pontevedrés ten 3,4 quilómetros de tubaxe sen separar pluviais e fecais

Pontevedra
16 de maio 2016

Dos máis de 500 quilómetros de tubaxes que existen no centro urbano pontevedrés, en 3,4 quilómetros están sen separar as augas pluviais e fecais. Este dato supón o 0,6% de total, segundo as estimacións dos técnicos municipais, que este luns fixo públicas o portavoz do goberno local, Raimundo González

Traballadores de Viaqua
Traballadores de Viaqua / Mónica Patxot

Dos máis de 500 quilómetros de tubaxes que existen no centro urbano pontevedrés, en 3,4 quilómetros están sen separar as augas pluviais e fecais. Este dato supón o 0,6% de total, segundo as estimacións dos técnicos municipais, que este luns fixo públicas o portavoz do goberno local, Raimundo González.

"É unha cantidade moi pequerrecha", valorou este portavoz que asegurou que avanzar nesta separativa das canalizacións é un dos obxectivos do Concello.

Neste sentido, todas as reformas acometidas nos últimos anos inclúen no seu proxecto a instalación deste tipo de servizo.

As conducións que non teñen separativa atópanse nun tramo da rúa Loureiro Crespo, nunha parte de Benito Corbal e noutras rúas máis pequenas.

Obviamente todas no centro urbano xa que no rural non existe este servizo posto que as augas pluviais non son recollidas por condución algunha que as evacúe.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, na reunión polo saneamento da ría celebrada a pasada semana pediu á Xunta que asumise compromisos na separación das augas pluviais e residuais por parte dos concellos da ría de modo que o caudal chegue á Edar sexa menor que o actual, ademais demandou a mellora da depuradora dos Praceres e do emisario submarino.

É dicir, uno os problemas do saneamento da ría é que o volume de auga que chega á depuradora de Vos Praceres non é todo augas grises xa que, cando chove, as augas pluviais chegan polas redes de rede de sumidoiros facendo sobordar os colectores, que ao ser incapaces de soportar tanta carga, acaban expulsandoa polos aliviadoiros.

Arquivado en