O Centro Social A Pedreira ofrece cursos de aprendizaxe destacando un para realizar "chapuzas" no fogar

Pontevedra
22 de xaneiro 2023

Entre as opcións que se promoven figuran teatro, cursos para aprender a tocar a gaita, o ukelele, o tamboril e outros instrumentos de percusión; ademais da posibilidade de descubrir habilidades para resolver tarefas domésticas como instalar un chan de madeira ou resolver unha perda de auga

Actividade no interior do Centro Social A Pedreira
Actividade no interior do Centro Social A Pedreira / Asociación Cultural O Quilombo

Situado na rúa Serra, no número 36, o Centro Social A Pedreira nace a través da asociación cultural O Quilombo, un movemento que defende a lingua e cultura galega. 

Agora anuncian diversos cursos que se desenvolverán neste novo local durante os meses de febreiro e de marzo.

Entre estes cursos atópanse un de teatro impartido por Iria Pinheiro; cantos de taberna, con Carlos Lope; gaita e percusión, impartido por Chanquete Carunchos; aprender a tocar ou ukelele, con Carlos Rodríguez; e un curso gratuíto de chapuzas ante o colapso.

Neste último curso, as persoas asistentes aprenderán a realizar arranxos comúns en calquera domicilio como colgar un cadro ou solucionar unha perda de auga. Ademais, tamén se ofrecen coñecementos máis complexos sobre a instalación dun chan de madeira ou a aplicación de cemento nunha parede.

As persoas interesadas en participar nalgún destes talleres deberá enviar un correo electrónico a [email protected]

O colectivo lembra que para asociarse é preciso pagar un mínimo de cinco euros ao mes.