O centro de saúde da Parda organiza cursos de fomento da actividade física e prevención da obesidade

Pontevedra
02 de febreiro 2017

Este programa formativo e asistencial ofértase a pacientes de toda a comarca, aínda que non teñan asignado o seu facultativo no centro de saúde de A Parda

Exposición no Centro de Saúde da Parda sobre 25 anos do SERGAS
Exposición no Centro de Saúde da Parda sobre 25 anos do SERGAS / Mónica Patxot

O centro de saúde da Parda en Pontevedra planificou durante o mes de febreiro ata mediados de marzo a celebración de dous obradoiros para tratar cos pacientes procesos coma a prevención da obesidade e o fomento da actividade física, expoñendo tamén beneficios e estilos de vida saudable.

Este programa formativo e asistencial ofértase a pacientes de toda a comarca, aínda que non teñan asignado o seu facultativo no centro de saúde de A Parda.

En ambas actividades será necesario dispoñer de cita previa. Pódese pedir información contactando no teléfono 986-86.88.24.

O primeiro dos obradoiros está coordinado e organizado pola enfermeira Carmen Abeledo Márquez e comezará o vindeiro mércores 8 de febreiro e profundizará no fomento da actividade física todos os mércores de 10 a 11 horas ata mediados do vindeiro mes de marzo.

Outro obradoiro que comezará o vindeiro xoves 9 de febreiro en horario de 10 a 11 horas, e cada xoves ata mediados do vindeiro mes de marzo analizará desde diversas perspectivas a prevención da obesidade, explicando os múltiples beneficios de saúde que xenera o abandono dos hábitos perxudiciais nos pacientes e expoñendo diversas técnicas e estratexias neste eido.

Así mesmo, neste obradoiro sobre a obesidade analizaránse as súas etapas e síntomas, aportando consellos para manterse saudable tras este proceso vital e facendo un estudo dos seus factores de risco.