O CEIP de Tenorio logra a excelencia en innovación educativa en dinamización lingüística

Cerdedo-Cotobade
30 de xuño 2024

Este premio foi outorgado pola Secretaría Xeral da Lingua e Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa polo seu proxecto titulado “Abrazando a diversidade lingüística” e está dotado con 2.000 euros para investir no centro educativo

O escritor Manel Loureiro conversa co alumnado do CEIP de Tenorio
O escritor Manel Loureiro conversa co alumnado do CEIP de Tenorio / Concello de Cerdedo-Cotobade

O CEIP Plurilingüe de Tenorio vén de ser recoñecido co premio á excelencia en innovación educativa en dinamización lingüística.

Este premio foi outorgado pola Secretaría Xeral da Lingua e Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa polo seu proxecto titulado “Abrazando a diversidade lingüística” e está dotado con 2.000 euros para investir no centro educativo.

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento do proxecto recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.

O Concello de Cerdedo-Cotobade trasladou a súa felicitación á comunidade educativa do CEIP de Tenorio.