O primeiro mural do proxecto municipal "O teu cole na historia" xa está terminado. A falta dos últimos retoques, a entrada do CEIP A Xunqueira I xa loce o seu novo 'escudo'.
Elaborado por Quique Mauricio e Carlos Taboada, integrantes de Polo Correo do Vento, o mural está inspirado no ámbito natural que circunda ao centro educativo, con elementos tan identitarios como os seus paxaros, a súa fauna e a súa flora.
Este mural, que ten un tamaño de 2x2 metros, forma parte dun conxunto de intervencións que servirán para dar unha imaxe común dos colexios participantes na iniciativa.
O obxectivo do programa é conseguir que o alumnado se identifique co seu centro escolar e coa cidade a través da realización destas obras artísticas.