O Castro Alobre está pendente de Fomento para a súa musealización

O Salnés
18 de abril 2017

A Deputación está a piques de rematar os traballos de conservación dos máis de 500 metros escavados no Castro Alobre. Despois desta fase, corresponderalle ao Ministerio de Fomento iniciar o proxecto de musealización

A visita de Carmela Silva e Alberto Varela coincidiu cunha excursión escolar
A visita de Carmela Silva e Alberto Varela coincidiu cunha excursión escolar / Deputación de Pontevedra

A Deputación está a piques de rematar os traballos de conservación dos máis de 500 metros escavados no Castro Alobre. Despois desta fase, corresponderalle ao Ministerio de Fomento iniciar o proxecto de musealización, para o que a presidenta da Deputación, Carmela Silva indicou que "estamos pendentes de que se aproben os orzamentos do Estado para 2017".

O orzamento deste proxecto de musealización contempla 1,5 millóns de euros para 2017 e 2,5 millóns para 2018

Nesta última fase de escavación en Castro Alobre acháronse máis dun millar de novas pezas e unha nova estrutura circular de máis de seis metros de diámetro. Entre os achados destacan os bronces, en especial tres fíbulas, en excelente estado de conservación, datadas entre os séculos II a.C. e o I d.C. que se empregaban para suxeitar as prendas da vestimenta.

A presidenta provincial acompañada do alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, visitaron este martes o Castro Alobre e tamén os terreos da futura escola infantil de Vilaxoán que se construirá con 700.000 euros do Plan Concellos 2016.

O edificio contará cun total de 82 prazas.

Carmela Silva sinalou que "Vilagarcía é un dos concellos que máis rapidamente solicitan proxectos no Plan Concellos", ao abeiro do cal o municipio arousán recibe este ano preto de 1.400.000 euros.

Arquivado en