O casco histórico prepárase para a Feira Franca

Pontevedra
27 de agosto 2024

A concellaría de limpeza viaria realiza esta semana un zafarrancho especial de limpeza na zona monumental. Farase na madrugada deste xoves. A zona de estacionamento estará valada durante a semana prohibindo o aparcamento nas horas anteriores e os vehículos que permanezan estacionados o xoves serán retirados

Inicio dos preparativos para a Feira Franca 2024
Inicio dos preparativos para a Feira Franca 2024

O casco histórico de Pontevedra está xa preparándose para a Feira Franca, que se celebrará na cidade os días 6 e 7 de setembro

Xa empezaron a instalar os decorados que trasladarán á cidade ao século XV, coa colocación das primeiras portas na zona de San Bartolomé y A Ferrería.

Ademais, a concellaría de limpeza viaria realiza esta semana un zafarrancho especial de limpeza na zona monumental para afondar nos preparativos.

A limpeza farase na madrugada deste xoves. A zona de estacionamento estará valada durante a semana prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos e os vehículos que permanezan estacionados o xoves serán retirados polo guindastre municipal.

O zafarrancho farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado.

O Concello pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

Arquivado en