O campus monta un obradoiro para manchar as mans reciclando bicis

Pontevedra
13 de outubro 2016

Catorce membros da comunidade universitaria pontevedresa se ocupan estes días en reciclar vellas bicicletas. Aínda que lles gusta máis destacar que promoven unha mobilidade sostible e contribúen a un consumo racional

Obradoiro Green Bike de reciclaxe de bicicletas
Obradoiro Green Bike de reciclaxe de bicicletas / Universidade de Vigo

Os colectivos Pedaladas e Dinamo, puxeron en marcha obradoiro Green Bike, que promove a Vicerreitoría do campus.

Catorce membros da comunidade universitaria pontevedresa se ocupan estes días en reciclar vellas bicicletas. Aínda que lles gusta máis destacar que promoven unha mobilidade sostible e contribúen a un consumo racional.

Este taller gratuíto se desenvolve nas instalacións do Pazo da Cultura da man de Eusebio Rivero e Abel Farto.

Esta actividade constitúe un pequeno paso máis que se suma a outras iniciativas como as obras levadas a cabo o pasado curso xunto co Concello para achegar o carril-bici ata o campus, á difusión de hábitos saudables como desprazarse en bicicleta, e  a pór en valor a reciclaxe.