O vindeiro luns 9 de setembro a Universidade de Vigo arranca oficialmente o curso 2024/2025.
Este xoves terá lugar unha xornada de benvida no campus de Pontevedra, concretamente na Escola de Enxeñaría Forestal.
Será unha xornada de acollida informativa e lúdica na que o estudantado que comeza a súa vida universitaria pode coñecer os servizos e instalacións que teñen á súa disposición.
En total, a Universidade de Vigo ofertou para o curso 2024/2025 un total 3.836 prazas de novo ingreso de grao (e 1.733 de mestrado).
Cando aínda está aberto o prazo de matrícula, os datos de alumnado de novo ingreso son xa os mellores de toda a serie histórica de ocupación desta institucion académica, tal e como ten destacado o reitor, Manuel Reigosa, acadando taxas de ocupación superiores ao 100% nos tres campus da institución académica.
No sexto chamamento para efectuar a matrícula aberto agora, das 12 titulacións de grao do campus de Pontevedra, só ten a matrícula aberta Enxeñaría Forestal.