O Burgo celebra o Santiaguiño máis atípico

Pontevedra
25 de xullo 2020

Con motivo de destacar as datas festivas do barrio, a poboación pontevedresa puido disfrutar dunha programación centrada en animación musical con dianas e alboradas, xigantes e cabezudos e pasarrúas de grupos tradicionais polo barrio

Pasarrúas e cabezudos para celebrar o Santiaguiño do Burgo
Pasarrúas e cabezudos para celebrar o Santiaguiño do Burgo / Cristina Saiz

A Concellaría de Festas non deixou pasar as festas do Santiaguiño do Burgo a pesar da Covid-19 dentro da programación "Pontevedra Vívese".

Deste xeito, co motivo de destacar as datas festivas do barrio, a poboación pontevedresa puido disfrutar dunha programación centrada en animación musical con dianas e alboradas, xigantes e cabezudos e pasacalles de grupos tradicionais polo barrio a cargo de Duos Pontes, Pousos da Area, Gaiteiros das Rías Baixas e a Charangamil9.

A iluminación foi a habitual, igual que a tirada de fogos prevista para as 00:00 horas na noite do sábado ao domingo, en recordo da primeira gran tirada de fogos das festas do verán pontevedrés, que sempre se fan na noite do 25.

FESTAS DE VERÁN

Pola súa banda, a programación das Festas de Verán proseguía esta fin de semana coas propostas 'Sondeaquí', que ofrece a posibilidade de mostrarse al público de grupos noveis locais, e coas propostas infantís do ciclo 'Ven Trebellar.