A Garda Civil investiga a posibilidade de que o mozo do Gran Hotel de La Toja (O Grove) detido por desvalixar as caixas fortes de dous clientes cometese máis roubos destas características nos últimos meses.
Fontes da Comandancia da Garda Civil confirmaron que o caso xa está en mans do xulgado e que nestes momentos a investigación se centra en coñecer se hai máis denuncias presentadas por clientes do hotel por feitos similares.
Os investigadores tamén están a rastrexar os movementos do detido, D.M.C., veciño do Grove de 30 anos; o seu patrimonio e os seus antecedentes.
O home está inicialmete acusado de subtraer 13.300 euros das caixas fortes dos cuartos de dous clientes do Gran Hotel. Os feitos saíron á lu a raíz dunha denuncia presentada o pasado verán por un cliente que detectou que lle faltaban uns 12.000 euros.
Xa no mes de outubro, a investigación localizou un segundo roubo co mesmo modus operandi, neste caso, por valo de 1.300 euros.
A información avanzada por La Voz de Galicia sinala que o individuo foi descuberto porque os investigadores cotexaron o rastro deixado polas chaves magnéticas cos horarios de entrada e saída do persoal do hotel. Finalmente, foi detido este luns.