A Deputación de Pontevedra vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia o anuncio polo que saen a licitación as obras de consolidación das Ruínas de San Domingos.
Se trata duns traballos que se levarán a cabo de forma urxente para consolidar o edificio e que poida ser aberto aos veciños e visitantes canto antes.
Aínda que a Deputación tiña encargado o proxecto de actuación fai tempo, non se puido sacar a licitación antes por tratarse dun ben de especial protección polo que tivo que pasar por informes do concello, Patrimonio e iso supuxo un tempo de tramitación que non permitiu actuar antes.
As empresas disporán de 26 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación para presentar as súas ofertas.