O BOE publica a adxudicación a Eptisa e Idom Enxeñería do plan de saneamento da ría

Pontevedra
20 de xullo 2016

O estudo de necesidades e obras encargado a Idom e Eptisa debe estar elaborado en 2018, aínda que as primeiras actuacións por parte da Xunta xa se programan para este ano en curso

Punta Vicaño
Punta Vicaño / Mónica Patxot

O Boletín Oficial do Estado (BOE) deste martes publica a adxudicación á unión temporal de empresas (UTE) que forman Eptisa e Idom Enxeñería do plan de saneamento da ría de Pontevedra.

O orzamento de Augas de Galicia para este estudo supera os 1,2 millóns de euros, que serán cofinanciados nun 80 % con fondos europeos.

O estudo de necesidades e obras encargado a Idom e Eptisa debe estar elaborado en 2018, aínda que as primeiras actuacións por parte da Xunta xa se programan para este ano en curso. 

A alianza das consultoras Eptisa e Idom obtivo a mellor puntuación entre as trece propostas que manexou a Xunta. O concurso foi licitado en outubro pasado.

Arquivado en