O bo tempo animará a 'traca final' das festas do Entroido en Pontevedra

Pontevedra
21 de febreiro 2018

Dez agrupacións competirán na XXII Mostra da Parodia na noite do venres 23 de febreiro. Os nenos poderán disfrutar dunha programación a medida no sábado coa Festa Pirata

Noite Pirata 2017
Noite Pirata 2017 / Diego Torrado

O mal tempo decidiu dar tregua á cidade. As nubes densas que acompañaron o Entroido deste ano disipáronse, e os paraugas deron paso ás lentes de sol, que xa adornan a cara dos pontevedreses. Ante ese panorama favorecedor, o Concello de Pontevedra deu vía libre á celebración dos actos que foran aprazados a anterior fin de semana polas complicacións meteorolóxicas, alongando a festividade ata o sábado 24 de febreiro.

A noite do venres 23 de febreiro, dez agrupacións competirán na XXII Mostra da Parodia, dando o seu inicio ás 22.30 horas. Desta maneira, a programación terá lugar nas zonas máis emblemáticas do centro:

  • Os do Val do Lérez: Praza de España
  • Vamos a Todo: soportales da Ferrería
  • Amoriños de Bora: Praza da Peregrina
  • Os das Pistas: diante de Casa Alcalde
  • Recriativa de Xeve: cruzamento das rúas Michelena-Gutiérrez Mellado
  • Os de Sempre: Praza de Curros Enríquez
  • O Land Rober en Directo: Praza do Teucro
  • Equipo Ja: Rúa Benito Corbal, diante do estanco
  • Benito Soto y los Bailones de Nunca Jamás: Rúa Alfandega
  • Cotilleemos PTV: Rúa Manuel Quiroga

 

A tan ansiada Festa Pirata de Entroido Infantil será celebrada o sábado 24 de febreiro, a partir das 17.00 horas. Os máis pequenos poderán gozar dunha programación a súa medida, empezando coa animación do grupo Rivel e varios DJ na Praza da Ferrería. Ás 22.00 horas realizarase o desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico da man das asociacións Combrus e Troula.

Por último, as rúas continuarán co seu ambiente carnavalesco coas seguintes comparsas: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os 100 Tolos, Os Paparrulos, Os Canecos, Amoriños de Bora, Olodum do Coio, Vamos a Todo y Equipo Ja.

Arquivado en