O BNG de Poio considera necesario recomendar moderar o consumo da auga perante a situación de prealerta por escaseza de auga no Lérez decretada a pasada semana pola Xunta.
A portavoz do BNG de Poio, Marga Caldas, afirma que "faise necesario a emisión dun bando informativo co fin de preservar un ben tan esencial".
"A día de hoxe, non temos constancia de que o goberno municipal de Poio estea tomando medidas ao respecto. Tampouco se informou á veciñanza da situación", indicou Marga Caldas.
O BNG propón unha serie de medidas, que remitirá ao Concello de Poio, "para concienciar á veciñanza así como para a entidade local e empresas".
A voceira do Bloque manifesta que "aínda que non é necesario neste momento a adopción de medidas especiais" como as tomadas o pasado verán "sí compre facer un uso responsable da auga e moderar o consumo perante a situación, informando de inmediato a veciñanza".