O BNG de Soutomaior presentou este mércores no Rexistro Xeral da Xunta, en Santiago, o máis de medio milleiro de sinaturas en defensa da sanidade pública recollidas entre a veciñanza do concello nunha campaña que se estendeu entre os meses de maio e xuño.
Esta iniciativa esixe ao goberno do Partido Popular "que acabe cos recortes na saúde da veciñanza de Soutomaior" e que dote do persoal e os recursos necesarios o centro de saúde de Arcade.
O Bloque trasladou ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, a demanda da veciñanza de Soutomaior de contar no centro de saúde cun médico máis, pasando dos tres facultativos actuais a catro.
O responsable local do BNG de Soutomaior, José Costas, sinalou que o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra, José Flores, comprometérase nunha reunión mantida o pasado verán co goberno de Soutomaior a aumentar esa praza de Atención Primaria a comezos de 2024. "Estamos xa na metade de ano e a Xunta non cumpriu o prometido, e polas declaracións de José Flores, está claro que non teñen pensado cumprir", dixo Costas.
Ademais, o BNG tamén esixe á Xunta que se repoña no centro de saúde de Arcade a praza de Pediatría "que lleva casi dos años vacante, después de que la Xunta se negara a cubrir la baja de larga duración de la anterior facultativa, dejando a las familias de Soutomaior en una situación inaguantable".
José Costas sinalou que "a multitudinaria manifestación do mes de maio demostra que a veciñanza de Soutomaior está farta das escusas e mentiras".