O BNG propón que o Concello de Marín habilite un aparcadoiro na parcela de Méndez Núñez

Marín
01 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou unha moción que busca negociar un convenio temporal do Concello de Marín cos propietarios das parcelas sen uso da rúa Méndez Núñez

Parcela sen uso da rúa Méndez Núñez
Parcela sen uso da rúa Méndez Núñez

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou unha moción que busca negociar un convenio temporal do Concello de Marín cos propietarios das parcelas sen uso da rúa Méndez Núñez.

Este deteriorado solar sitúase a poucos metros da Casa Consistorial e está en desuso desde o seu proceso de demolición no 2017.

O plan do BNG inclúe a creación dunha zona verde de aproximadamente 1.800 metros cadrados, xunto cun aparcadoiro disuasorio cunha capacidade estimada para 120 vehículos, estendéndose sobre unha área de preto de 2.800 metros cadrados. 

O BNG sinala que esta proposta "aspira a enriquecer la estética y funcionalidad de la zona central de Marín, ofreciendo simultáneamente un espacio de ocio para el vecindario y una solución a la creciente necesidad de aparcamiento en la localidad".

Para acadar un acordo beneficioso para todas as partes implicadas, o BNG propón incentivos atractivos para os propietarios das parcelas, incluíndo a exención do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) ou unha fórmula equivalente, así como o compromiso por parte do Concello de asumir a responsabilidade pola limpeza e mantemento do espazo. Ademais, este convenio de cooperación tamén incluiría termos para a devolución das parcelas aos propietarios cando sexan requiridas para futuros desenvolvementos urbanísticos.

Os nacionalistas apuntan que a súa proposta contempla "unha intervención de baixo impacto económico para o Concello, prometendo un beneficio substancial para a comunidade". Incluiría a limpeza completa do terreo, a eliminación de entullos, e a instalación de infraestruturas básicas que faciliten o goce público do espazo, tales como iluminación adecuada, bancos para descanso e un deseño paisaxístico que integre harmoniosamente a zona verde co novo aparcadoiro.

Ademáis apunta a posibilidade de que parte da zona verde, especialmente aquela situada fronte á rúa Méndez Núñez e de pouca pendente, podería destinarse á instalación puntual de postos ambulantes "para aliviar a conxestión en áreas como a alameda Rosalía de Castro ou a beirarrúa da Avenida de Ourense durante eventos ou festas". 

Por último, o BNG asegura que "hai unha predisposición positiva por parte dos propietarios para chegar a un acordo nos termos propostos, o que marca un paso adiante na consecución deste proxecto".

O BNG presentará esta iniciativa no próximo pleno municipal de abril, urxindo ao goberno municipal a comezar inmediatamente as negociacións para adecentar e revitalizar esta área clave no centro de Marín.