O BNG presentará unha iniciativa no Parlamento opoñéndose á fusion Cerdedo-Cotobade

Pontevedra
14 de marzo 2016

Os representantes da plataforma veciñal contraria á fusión mantiveron un encontro cos deputados nacionalistas Montserrat Prado e Daniel Rodas para manifestar o malestar polas formas en que se está a realizar este proceso

Representantes da Plataforma contra a fusión de Cotobade e Cerdedo no BNG
Representantes da Plataforma contra a fusión de Cotobade e Cerdedo no BNG / Mónica Patxot
O BNG presentará iniciativas parlamentarias para opoñerse á fusión de Cerdedo-Cotobade /

Un grupo de representantes da plataforma veciñal de oposición á fusión de Cerdedo e Cotobademantiñan un encontro este luns 14 cos deputados do Bloque Nacionalista Galego, Montserrat Prado e Daniel Rodas, na sede do partido en Pontevedra. Nesta reunión manifestaron o seu malestar polas formas en que se están realizando as propostas para acometer este proceso.

Desde o BNG, os deputados consideran que se desenvolveu un proceso discriminatorio para o rural de Galicia e neste sentido Montserrat Prado anunciou que se presentará unha iniciativa no Parlamento Galego para mostrar a súa oposición a esta fusión na que só se trata dos beneficios inmediatos pero, en todo caso, evítase analizar a situación dos veciños destes dous municipios.

Segundo a deputada Montserrat Prado non se están tratando en ningún momento os problemas derivados duns concellos que se atopan en partidos xudiciais diferentes e que levarían cambios na xestión dos residuos e da sanidade.

Segundo o portavoz veciñal Isidro Peleteiro, os dous alcaldes destes concellos non esperaban que se crease unha plataforma contraria aos seus intereses.