O BNG pide que se retire a bandeira da UE de Cuntis en protesta polo acordo sobre a devolución de refuxiados

Umia
14 de marzo 2016

Os nacionalistas consideran que se trata dun acordo que "atenta contra os dereitos humanos e as liberdades das persoas individuais" e o Concello de Cuntis "non pode quedar impasible ante estas grave situación". Ante a "imposibilidade de levar a cabo accións reais", solicitan, como membros do goberno municipal, a retirada da bandeira

Casa do Concello de Cuntis
Casa do Concello de Cuntis / Pontevedra para el mundo

O BNG de Cuntis solicita ao Concello que retire a bandeira da Unión Europea da Casa Consistorial como "xesto simbólico de protesta" ante o preacordo que está negociando a UE con Turquía mediante o cal se poderá devolver ás persoas refuxiadas que intenten chegar ata os países membros

Os nacionalistas consideran que se trata dun acordo que "atenta contra os dereitos humanos e as liberdades das persoas individuais" e o Concello de Cuntis "non pode quedar impasible ante estas grave situación". Ante a "imposibilidade de levar a cabo accións reais", solicitan, como membros do goberno municipal, a retirada da bandeira. 

O voceiro municipal do BNG, Enrique Portela Pisos, critica que as devolucións e deportacións a Turquía que se están a estudar vulneran os artigos 32 e 33 da Convención de Xenebra, onde só se permiten estas en casos de extrema gravidade e nunca de maneira que fagan perigar a súa vida.

Arquivado en