O BNG pide ao Concello que actúe contra a vertedoiro de Raxó

Poio
09 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O BNG afirma que esta situación esta a provocar unha "gran preocupación" entre a veciñanza da zona dado que están a sufrir un "problema de salubridade que vai en aumento dado que a parcela está a converterse nun vertedoiro"

O BNG pide ao Concello que actúe contra a entulleira de Raxó
O BNG pide ao Concello que actúe contra a entulleira de Raxó / BNG de Poio

A portavoz do BNG, Marga Caldas, reiterou este martes na Comisión de Urbanismo as queixas dos veciños da rúa de la Iglesia de Raxó, solicitando a limpeza e retirada dos residuos acumulados nunha leira lindeira ás vivendas, situada no camiño da Igrexa e a PO-308.

O BNG afirma que esta situación esta a provocar unha "gran preocupación" entre a veciñanza da zona dado que están a sufrir un "problema de salubridade que vai en aumento dado que a parcela está a converterse nun vertedoiro".

Esta situación foi comunicada ao Concello de Poio o pasado 19 de marzo e reiterada na pasada Comisión do día 2 de abril, na que o edil de Medio Ambiente afirmaba que se estaban retirando os residuos do terreo.

Marga Caldas asegurou que "a día de hoxe, a pesar das afirmacións do concelleiro delegado, seguen depositando todo tipo de residuos na parcela". 

A portavoz nacionalista manifestou que "o goberno local non sabe si o titular foi requirido", uns feitos que, ao seu xuízo, "demostran a falta de atención e deixamento do goberno do PP de Poio respecto da veciñanza de Raxó".

Ante este "claro abandono e inacción do equipo de goberno de Ángel Moldes", desde o BNG instan o goberno local a que exerza as súas obrigas en materia de medio ambiente, "dado que existen ferramentas legais para poder solucionar esta situación".