O BNG pide a limpeza urxente dos accesos aos petróglifos de San Xurxo de Sacos

Cerdedo-Cotobade
11 de agosto 2022

Os representantes locais do BNG, Anxo Santomé e Joam Romero, comprobaron a falla de limpeza de matorral que existe no terreo o que dificulta, enormemente, a chegada ata as estacións dos petróglifos

Acceso aos petróglifos de San Xurxo
Acceso aos petróglifos de San Xurxo / BNG de Cerdedo-Cotobade

O grupo municipal do BNG demandou ao Concello de Cerdedo-Cotobade a limpeza urxente dos accesos ao conxunto dos gravados rupestres do Lombo da Costa, na parroquia de San Xurxo de Sacos.

Os representantes locais do BNG, Anxo Santomé e Joam Romero, comprobaron a falla de limpeza de matorral que existe no terreo o que dificulta, "enormemente", a chegada ata as estacións dos petróglifos. 

Explica Joam Romero, vicerresponsable lcoal da formación nacionalista, que "se queremos un turismo de calidade deberíamos ter en óptimo estado os recursos turísticos".

O portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira ten levado ao pleno municipal varias propostas para a conservación, posta en valor e a promoción dos petróglifos e agora reclama un plan de limpeza perimetral para as laxes dos petróglifos do Lombo da Costa, actualizar o inventario de arte rupestre da parroquia e crear unhas estacións de observación coa súa correspondente sinalización.

Segundo apunta Anxo Santomé, "para conquerir a creación dun produto turístico en torno aos petróglifos, ademáis de telos adecentados e con accesos limpos e accesibles, é imprescindible apostar por un plan de creación de identidade de marca e unha boa campaña de promoción".

Arquivado en