O BNG atribúe á "inxerencia política do PP" a elección de Filgueira Valverde para as Letras Galegas 2015

Pontevedra
11 de xullo 2014

Alfonso Rueda referiuse este venres á polémica xurdida a raíz da designación e sinalou que celebra "personalmente e como pontevedrés" a elección de Filgueira Valverde. Engadiu que os acuerdos da RAG "sólo a eles lles corresponden" e asegurou que foi o seu Pleno quen tomou a decisión

Xosé Filgueira Valverde, nun dos seus numerosos actos públicos
Xosé Filgueira Valverde, nun dos seus numerosos actos públicos

A decisión da Real Academia Galega (RAG) de adicar o Día das Letras Galegas de 2015 ao pontevedrés Xosé Filgueira Valverde é, en opinión do BNG, "consecuencia da inxerencia política do PP e do propio Executivo da Xunta".

Ante esta situación, a portavoz parlamentaria de Cultura do BNG, Ana Pontón, anuncia que interpelará ao Goberno galego no Parlamento para que "explique se ten previsto respectar a independencia" de institucións como a RAG.

Pontón denuncia, ao respecto, que a escolla de Valverde é unha "aposta política non entendible sen interferencias do poder político que pretende parasitar institucións como a RAG⿝ e engade que "semella que a Xunta e o PP teñen colonizado e pervertido parte desta institución⿝.

Para basear esta crítica, os nacionalistas salientan o feito de que o primeiro anuncio da nova foi transmitido polas redes sociais polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e ironizan que "imaxinamos que as dotes adiviñatorias non forman parte das cualidades deste alto cargo da Xunta⿝.

O BNG salienta o ⿿importante⿝ debate aberto na sociedade galega por mor do perfil escollido. O pasado franquista ou o entusiasta apoio político ás teorías do ⿿bilingüismo harmónico fraguiano⿝ son algúns dos motivos expostos por intelectuais, escritores ou asociacións en defensa da lingua e da cultura galega para rexeitar esta decisión.

Alfonso Rueda  celebra" personalmente e como pontevedrés" a elección

O Bloque comparte estas críticas e manifesta a súa preocupación pola deriva dunha institución centenaria que se afasta do sentir dos galegos e galegas comprometidos co idioma propio e que se afasta, igualmente, do seu papel de impulsor do uso do galego. O goberno local de Pontevedra xa se posicionara ao respecto e o voceiro municipal nacionalista, Raimundo González, considerou a elección como "errónea" e "inoportuna".

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, referiuse este venres a esta polémica nun acto en Ourense e sinalou que celebra "personalmente e como pontevedrés" a elección de Filgueira Valverde. Engadiu que os acuerdos da RAG "sólo a eles lles corresponden" e asegurou que foi o seu Pleno quen tomou a decisión. 

Arquivado en