O 'Belén de Sanxenxo', con case 300 bonecas, está aberto os 365 días do ano

Sanxenxo
09 de xaneiro 2023

'O Belén de Sanxenxo'. Así se chama o nacemento que Paqui Carrera mantén aberto os 365 días do ano na súa vivenda da Rúa Carlos Casas, número 16, en Sanxenxo, e que xa recibiu a visita de centos de persoas

Paqui Carrera e Telmo Martín
Paqui Carrera e Telmo Martín / Concello de Sanxenxo

'O Belén de Sanxenxo'. Así se chama o nacemento que Paqui Carrera mantén aberto os 365 días do ano na súa vivenda da Rúa Carlos Casas, número 16, en Sanxenxo, e que xa recibiu a visita de centos de persoas. 

Ademais, do tradicional portal, Carrera recrea algúns dos aspectos da vida e actividades do municipio sen esquecer a colectivos e persoas como a Asociación Cultural de Abiñadoira, Os Gatiños de Portonovo, o coñecido mariñeiro Antonio Martínez "Parapeta", o mercadillo de Baltar, veraneantes na praia de Silgar, entre outros singulares detalles. 

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, respondeu hai uns días á invitación e acudiu a visitalo destacando que este é  "un traballo feito con moito mimo e con moito cariño que animo a vir a coñecelo".

Foi hai nove anos cando, case por casualidade, comezou a creación deste Belén. Paqui comprou nun bazar "Todo a Cen" unha boneca e con algunhas outras que lle cedeu a súa filla comezou a aventura. "Tengo casi 300 muñecas y muñecos vestidos todos por mí. No les falta ni un detalle, hasta tienen ropa interior", explica. 

A afección foi crecendo ano tras ano ata a actualidade na que xa ocupa toda unha habitación e parte doutra. "Son muchas horas de trabajo, pero me hace mucha ilusión. Tengo 80 años, pero una gran vitalidad y casi todos los días del año trabajo en él", sinala.

O seu traballo como axudante dunha modista en Vigo, a súa cidade natal, e a crianza de cinco fillos, pero sobre todo, o seu gusto polas bonecas e o Nadal, fixeron que se manexe ben coa agulla, o bordado e o ganchillo. No seu Belén non falta a mercería de Loli nin tampouco unha sala de vacinación de covid no que as máscaras fan á vez de traxes de médicos e enfermeiros, unha escola, palilleiras ou redeiras de Portonovo. 

"Yo estoy encantada de enseñarlo a todo el mundo", asegura orgullosa.