O barrio de Loureiro Crespo organiza un magosto aberto a toda a cidadanía

Pontevedra
22 de novembro 2022

Os veciños e os comerciantes de Loureiro Crespo e da Pasarela José Adrio uniron as súas forzas para organizar a que agardan que sexa unha tarde de festa. Será este venres, a partir das cinco da tarde, cun magosto popular aberto a toda a cidadanía

Presentación do magosto en Loureiro Crespo
Presentación do magosto en Loureiro Crespo / Mónica Patxot

Os veciños e os comerciantes de Loureiro Crespo e da Pasarela José Adrio uniron as súas forzas para organizar a que agardan que sexa unha tarde de festa.

Será este venres, a partir das cinco da tarde, cun magosto popular aberto a toda a cidadanía.

Instalarase unha gran carpa na pasarela do tren, na que un castañeiro despachará castañas asadas e tamén haberá doces de degustación en colaboración coas panadarías da cidade. 

O magosto estará amenizado pola música de Os Alegres e haberá numerosas actividades de lecer para os máis pequenos da casa.

Con esta iniciativa, os comerciantes da zona buscan que os veciños doutras partes da cidade se acheguen ao barrio e coñezan a súa oferta.

"Esperamos que sexa o primeiro de moitos eventos", sinalou María Rial, en nome dos comerciantes do barrio.