O bar dos muíños da parte baixa de Barosa abrirá once meses ao ano e seis días á semana

Barro
31 de marzo 2022

O pleno da corporación municipal de Barro aprobou a adxudicación dos muíños da parte baixa do parque de Barosa para uso de bar. A mesa de contratación propuxo para a adxudicación a Alejandro Laíño Fraga

Muíños da parte baixa de Barosa
Muíños da parte baixa de Barosa / Concello de Barro

O pleno da corporación municipal de Barro aprobou a adxudicación dos muíños da parte baixa do parque de Barosa para uso de bar.

A mesa de contratación propuxo para a adxudicación a Alejandro Laíño Fraga, por ser a oferta que acadou unha maior puntuación total en todos os parámetros que se valoraban, a pesar de non ser a maior oferta económica das presentadas.

A proposta foi aprobada con sete votos a favor, de BNG e PSOE, e coa abstención dos edís do PP. 

A concesión para a explotación dos muíños destinados a bar en Barosa terá unha duración máxima de dez anos, por un importe mensual de 902,06 euros máis IVE, coa obrigación de abrir un mínimo de once meses ao ano e seis días á semana.