O Banco de Alimentos de Pontevedra solicita voluntariado durante o verán para continuar atendendo a demanda

Pontevedra
02 de xullo 2024

Actualmente o Banco de Alimentos de Pontevedra a través das corenta entidades homologadas coas que coopera está a atender a máis de 5.000 persoas en situación de vulnerabilidade

Almacén do Banco de Alimentos de Pontevedra na rúa Faustino Santalices
Almacén do Banco de Alimentos de Pontevedra na rúa Faustino Santalices / Banco de Alimentos

O Banco de Alimentos en Pontevedra fai unha chamada á sociedade para reclamar voluntariado durante a tempada de verán. A solicitude non é nova xa que chegadas estas datas o persoal que habitualmente atende a nave situada na rúa Faustino Santalices, toma as súas vacacións e isto supón que se necesiten persoas para continuar coa clasificación de alimentos e preparación de pedidos.

Para sumarse á marea azul que colabora co Banco de Alimentos só requírese actitude empática e dispoñer de tempo para dedicarlle a esta causa. O voluntariado estará a colaborar algunhas mañás de luns a venres entre as 9.30 e as 13.00 horas. Para contactar, pódese facer chamando ao teléfono 986 865301 ou a través do correo electrónico delegacionpontevedra@bancoalimentosvigo.org; ademais da web do Banco de Alimentos provincial bancoalimentosvigo.org

Actualmente o Banco de Alimentos de Pontevedra a través das corenta entidades homologadas coas que coopera está a atender a máis de 5.000 persoas en situación de vulnerabilidade. Aínda que na provincia de Pontevedra suman tres décadas de actividade, no caso de Pontevedra capital son dez anos colaborando con esta demanda social. O seu obxectivo é velar polo cumprimento do acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable.