O avogado do agresor de Rajoy: "En el fondo él también es una víctima"

Pontevedra
17 de decembro 2015

O letrado insistiu en que "creo que sí" que o mozo está arrepentido polo que fixo. En nome dos seus pais dixo que "están avergonzados". Definiunos como "gente honrada y trabajadora, gente de bien de Pontevedra", a quen todo isto "les está sobrepasando". O menor, pola súa parte, "no está vinculado a ningún partido político ni organización de ningún tipo"

Declaracións do avogado do menor que agrediu a Rajoy en Pontevedra / PontevedraViva

Medios de comunicación de todo o mundo difundiron nas últimas horas imaxes do mozo detido por agredir a Mariano Rajoy, publicáronse datos persoais del e da súa familia e esta circunstancia xerou malestar na familia do menor e contornas policiais e xudiciais, pois insisten en que é un menor e é necesario protexer a súa intimidade. O avogado do mozo, Jorge Cubela, foi máis aló al engadir que "hay que preservar la identidad del menor, que, en el fondo, también es una víctima".

O letrado asistiuno na Comisaría da Policía Nacional na noite deste mércores e este xoves nos xulgados. Pasou a noite entre as comisarías de Pontevedra e Marín -onde foi trasladado por obras nos calabozos pontevedreses- e, sobre as 10.00 horas foi trasladado aos xulgados, pero ás 15.00 horas aínda non declarara na Fiscalía de Menores. Foi sometido aos preceptivos informes forenses e psicolóxicos no Instituto de Medicamento Legal de Galicia, cuxa sede está á beira do xulgado de garda na Parda, e tamén se entrevistou con asistentes sociais. 

A fiscal de menores, Encarnación Boullón, tamén se entrevistou cos seus pais e esta tarde saberase que medidas cautelares pide para o mozo, detido por un delito de atentado á autoridade e ao que previsiblemente se pedirá o internamento. Esta fiscal e o responsable da Fiscalía de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, tamén compareceron este xoves ante os medios de comunicación ás portas do xulgado para advertir aos medios "de que no identifiquen en forma alguna a la persona del menor".

En canto ao avogado, insistiu en que "creo que sí" que o mozo está arrepentido co que fixo, pero, de momento, non quixo falar no seu nome. En nome dos seus pais si dixo que "están avergonzados". Definiunos como "gente honrada y trabajadora, gente de bien de Pontevedra", a quen todo isto "les está sobrepasando". O menor, pola súa banda, "está en una burbuja". 

A pesar das informacións difundidas nalgúns medios de comunicación, o letrado quixo matizar que o mozo "no está vinculado a ningún partido político ni organización de ningún tipo". Si é membro da peña do Pontevedra Club de Fútbol Mocidade Granate, que xa despois do incidente condenouno e desvinculouse das súas accións. Tamén o fixeron os seus compañeiros de instituto con quen compartía un grupo de whatsapp cuxo contido foi difundido nas últimas horas, que queren aclarar que non comparten os seus actos e en ningún momento o animaron a agredir ao presidente.