A 160 quilómetros por hora atravesará o AVE o casco urbano de Pontevedra.
Será "no primeiro semestre de 2014" segundo consta nos últimos plans ministeriales expostos no Congreso dos Deputados.
O Eixo Atlántico de Alta Velocidade ferroviaria ten por diante 20 meses de obras nos que haberá que remodelar a vella estación, instalar a cuberta no barrio da Seca, rematar o túnel e a ponte sobre o Lérez e completar o resto da liña dobre electrificada.
O AVE circulará pola cidade de Pontevedra un 35% máis amodo da súa capacidade total, marcada nunha media de 250 quilómetros por hora.
Fomento aclara que "se permitirá a circulación de todos os tráficos de mercancías existentes", unha referencia especialmente celebrada no Porto de Marín que "manterá os seus accesos e conexións".
Espérase que os Orzamentos do Estado para 2013 respecten estes prazos incluíndo as partidas para completar o AVE galego.