O Ateneo de Pontevedra proxecta este mércores o documental sobre saúde mental 'Agromantes'

Pontevedra
27 de novembro 2023

A cita será o mércores 29 ás 19.30 horas na Vicerreitoría do Campus na Casa das Campás con entrada libre. Despois da proxección vai celebrarse un coloquio coa directora do documental Cora Peña e con Patri Sorey, unha das protagonistas

Imaxe do documental 'Agromantes'
Imaxe do documental 'Agromantes' / Agromantes

Este mércores 29 de novembro, a partir das 19.30 horas, proxectarase na Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, na Casa das Campás, o documental 'Agromantes', unha actividade organizada polo Ateneo de Pontevedra.

Este documental narra a reunión dun grupo de persoas que comparten as súas experiencias de tolemia e psiquiatrización trazando un debuxo complexo sobre as vivencias do sufrimento psíquico intenso. 

Este proxecto ofrece a través de relato en primeira persoa, con dose de humor, unha reflexión sensible sobre estas situacións.

Despois da proxección celebrarase un coloquio coa propia directora Cora Peña e con Patri Sorey, unha das protagonistas de e 'Agromantes'

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.