O asfaltado da pista entre Viascón e Parada, obra prioritaria en 2021

Cerdedo-Cotobade
10 de decembro 2020

Esta vía duns dous quilómetros de lonxitude hai pouco que foi municipalizado tras realizar un exhaustivo expediente que deu como resultado a súa incorporación ao patrimonio municipal como un dos camiños de vertebración interior do concello

O alcalde, Jorge Cubela, na pista entre Viascón e Parada de Tenorio
O alcalde, Jorge Cubela, na pista entre Viascón e Parada de Tenorio / Concello de Cerdedo-Cotobade

O goberno municipal de Cerdedo-Cotobade xa fixou unha das súas obras prioritarias para 2021. Das primeiras a realizar estará o asfaltado da pista entre Viascón e Parada de Tenorio.

Esta vía duns dous quilómetros de lonxitude hai pouco que foi municipalizado, tras realizar un exhaustivo expediente que deu como resultado a súa incorporación ao patrimonio municipal como un dos camiños de vertebración interior do concello.

A intención é que esta pista poida poñerse en servizo canto antes para o tráfico rodado, facilitando os desprazamentos entre os distintos lugares e parroquias do municipio.

"Foi un compromiso electoral que queremos levar adiante o máis axiña posible e en canto teñamos dispoñibilidade económica para poder executala dentro dos vindeiros plans", destacou o alcalde, Jorge Cubela.