O arrecendo do lacón con grelos inunda o centro histórico

Pontevedra
21 de xaneiro 2018

Quedan apenas dúas semanas para o inicio do Entroido e, para celebralo, gran parte dos establecementos hostaleiros do centro histórico uníronse para participar na primeira edición da laconada con motivo do Día de San Sebastián, patrón da cidade

Laconada de San Sebastián nun local da cidade
Laconada de San Sebastián nun local da cidade / Diego Torrado

Quedan apenas dúas semanas para o inicio do Entroido e, para celebralo, gran parte dos establecementos hostaleiros do centro histórico uníronse para participar na primeira edición da laconada con motivo do Día de San Sebastián, patrón da cidade.

Un total de 25 locais sumáronse a unha iniciativa que atraeu a numerosos pontevedreses que, ao longo do sábado, degustaron o tradicional lacón con grelos no seu menú. Todos eles tiveron liberdade á hora de preparalo.

Así, os comensais puideron atoparse cunha xenerosa ración de lacón con grelos ou atopalo en suxestivas e innovadoras propostas en forma de tapa ou petisco.

A laconada continuará este domingo nos locais de hostalería do centro histórico. Todos eles teñen un cartel identificativo na súa entrada.

Nesta iniciativa participan O Bioco, Creperie Cre-Cotte, La Cata, Borona, Merry’s, Pulpería As Campás, El Timón, Jaqueyvi, Casa Fidel O Pulpeiro, Cafetería Central, El Pecado, Restaurante Room, La Fuga de Blas, O Cruceiro, La tienda de Clara, Pontegrill, La Cámara, A taberna do Jazz, Boaviña, El Bocaito, La Estafeta, Barbol, Cafetería Orly e Carabela.

Arquivado en