Os populares explicaron este xoves as actuacións que esixen ao BNG a cambio do seu apoio plenario para aprobar a modificación de crédito que incorporaría 9,5 millóns de euros de remanentes ao orzamento municipal de Pontevedra para 2024.
"Queremos fijar un compromiso político, ambicioso pero factible de ejecución", sinalou o portavoz do PP, Rafa Domínguez, que indicou que todas as súas peticións van encamiñadas a mellorar a vida dos cidadáns "más ignorados" polo Concello.
Así, Domínguez pon como condición ao voto favorable do PP que se inclúan partidas para diversas actuacións nos barrios da Parda, A Seca, A Moureira e Monte Porreiro.
En concreto, sería a humanización integral da Parda, o acondicionamento e reparación do parque da Praza de Europa e a mellora das bancadas do campo de fútbol de Monte Porreiro, o asfaltado completo de Ribeira dos Gafos ou a mellora do parque infantil fronte aos xulgados.
A iso sumou o incremento da partida asignada ao plan de roza das parroquias.
O líder do PP pontevedrés considera que son "acuerdos razonables" e obras "perfectamente asumibles", polo que espera que o goberno municipal acepten as súas condicións.
Na proposta do BNG, os populares, pola súa banda, "no vemos ningún condicionante que vaya en contra de los principios del PP ni nada que nos rechine" e recollen actuacións que "encajas en cosas que hemos pedido", recoñeceu o seu portavoz.
Este proceso de negociación, que os populares aprecian que é "sincero" por ambas as partes, enmárcano en todo caso á situación de "extrema debilidad y necesidad" do executivo que dirixe Miguel Anxo Fernández Lores, ao carecer de apoios estables para gobernar.
Ademais, Domínguez lembrou que esta modificación de crédito chega "pocos meses después" de aprobar o orzamento a través dunha moción de confianza, "lo que pone de manifiesto que eran unas cuentas malas para Pontevedra por la cabezonería del BNG".