O aparcamento do centro de saúde estará dispoñible a próxima semana

Marín
14 de maio 2021

A parcela situada fronte ao centro de saúde de Marín, cedida polo Invied ao Concello, será un aparcadoiro público nos próximos días

Formigonado no aparcadoiro fronte ao Centro de Saúde
Formigonado no aparcadoiro fronte ao Centro de Saúde / Concello de Marín

A parcela situada fronte ao centro de saúde de Marín, cedida polo Invied ao Concello, será un aparcadoiro público nos próximos días.

Segundo informaron fontes do goberno local, está previsto que o aparcadoiro estea dispoñible a partir "da próxima semana" xa que os traballos de formigonado xa están rematados.

En total, entre as tres parcelas cedidas, Marín conseguiu 40 novas prazas de estacionamento nunha zona muy utilizada polo movemento do centro.